Horta 13 de Abril

Este é o momento de grande actividade na horta. Nas últimas semanas estivemos plantando moitas verduras, preparando as árbores, coidando o terreo para botar o millo e as fabas, reparando o cerrado para que non veña o jabalí ou os cans estropear o traballo,...


Maceiras en flor


Abellón libando


Máis bichería traballando


Co calor e sol teñen moita facenda, coma os agricultores


Flores da cerdeira


uns regos de patacas, naceron ben


espárragos


Os xornaleiros plantando un pouco máis de cebolo.
As rachas de carballo secando ao sol.

Croquis coas diferentes verduras.

As maceiras teñen moita flor, e as cerdeiras preséntanse ben (a ver si deixan algo os paxaros!!) pero o pexegueiro está ate os topes de pexeguiños pequenos (a metade caeranlle como é loxico) e probablemente este sexa ano de froito de pedra





Publicar un comentario