Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

Horta 13 de Abril

Imaxe
Este é o momento de grande actividade na horta. Nas últimas semanas estivemos plantando moitas verduras, preparando as árbores, coidando o terreo para botar o millo e as fabas, reparando o cerrado para que non veña o jabalí ou os cans estropear o traballo,... Maceiras en flor Abellón libando Máis bichería traballando Co calor e sol teñen moita facenda, coma os agricultores Flores da cerdeira uns regos de patacas, naceron ben espárragos Os xornaleiros plantando un pouco máis de cebolo. As rachas de carballo secando ao sol. Croquis coas diferentes verduras. As maceiras teñen moita flor, e as cerdeiras preséntanse ben (a ver si deixan algo os paxaros!!) pero o pexegueiro está ate os topes de pexeguiños pequenos (a metade caeranlle como é loxico) e probablemente este sexa ano de froito de pedra

Tarta de mascarpone, chocolate e fresas.

Imaxe
Tarta de mascarpone, chocolate e fresas. Ver a receita de Frabisa  aqui, foi de donde intentei seguir os pasos para a miña tarta. Esta tarta é un pouco laboriosa (cal non!?) sobre todo si fas ti mesma o queixo mascarpone. Intentei seguir a receita do xeito máis exacto posible e só cambiei a decoración. Quedoume moi bonita! Tarta. A falta de frambuesas... boas son fresas e unha poliña de menta. E sabrosa! O queixo mascarpone quedou cremoso e suave. O borde co marmelo de laranxa e améndoa picada ten un sabor lixeiramente acedo que contrasta moi ben co chocolate e o queixo. Aquí vense as partes da tarta Esta receita hai que gardala! :D Copio e pego da web de Frabisa Ingredientes (molde de 24 cm.) Para la masa de galletas –  300 gr. de galletas (tipo, María o Digestive) – 80 gr. de mantequilla – 50 gr. de chocolate (*) Para el relleno – 500 gr. de mascarpone – 100 gr. de nata – 4 huevos – Ralladura de un limón – 1 yogur sin azúcar