Galletas de nata

Unhas galletas para tomar co café.


Ingredientes:

Unha taza de nata

Unha taza de azucre

Media taza de aceite de xirasol 

Un chisco de sal 

Un chisco de Royal (levadura)

Fariña: a que admita 


Preparación:

Nun bol poñemos a nata, o azucre e o aceite e misturamos ben.

Ímoslle engadindo o Royal o sal e a fariña aos poucos ate obter unha consistencia que se poida estirar co rolo e quede cun grosor dun medio centímetro.

Poñemos o forno a quencer a 180°C

Con un corta pastas, ou vaso, imos cortando a masa. Espolvorexarlle unhas graias de azucre a cada galleta.

Poñemos na bandexa o papel do forno e imos poñendo as galletas e deixámolas facer ante que estén doradas (uns 25 minutos)

Si o forno ten aire activamosllo.




Hai que deixalas enfriar :p

Publicar un comentario