Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2015

Tarta de pexegos e crema pasteleira

Imaxe
Tarta pexegos e crema É unha tarta de base de masa quebrada e unha capa de crema pasteleira con froitas enrriba. Ingredientes Masa quebrada 200gr fariña 100gr manteiga 25gr fariña de améndoa 1 ovo 1 chisco de sal Preparación (masa quebrada): Nun bol poñemos a fariña, a fariña de améndoa, a manteiga (fría) e sal e refregamos ate que quede moido como area. A continuación botámoslle o ovo un pouco batido e se precisa auga engadirlla ate que faga unha masa que non se traballa. Facer unha bola coa masa, envolvela en plástico transparente e metela no refrixerador durante unha hora. Crema pasteleira 600ml leite 4 ovos 1 cullerada (de comer) de sucre 40gr de fariña 30gr de maicena Froita pexego en lonchas framboesas marmelo (de albaricoque) Estiramos a masa quebrada e extendémola nun molde duns 22cm e ao forno a 180º ate que está lixeiramente dourada (40’ aprox.). Deixamos que enfríe a base e a crema pasteleira (moi importante que estén frías) e e

Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños

Imaxe
Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños Tras ver a receita de este postre en Las Recetas fáciles de María.  Fíxen o experimento :D Tres vasiños con chiculate raiado É un postre "contundente", así que non hai que pasarse coas cantidades, pero está riquíssssimo e fresquiño do refrixerador é moi apetitoso. Combina moi ben a crema de limón co doce da de queixo.