Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2015

Orellas de entroido

Imaxe
Orellas de Entroido. Postre. Que non falten no entroido !! Ingredientes: 6 ovos da pita 150 gr. de manteiga de vaca cocida 1 vaso de anís 1 vaso grande de auga tépeda con sal 1 sobre de levadura química (royal) 1,5kg. de fariña de trigo aproxidamente sucre para espolvorexar Preparación: Nun bol grande poñemos os ovos enteiros e batemos un pouco e botámoslle a auga co sal, o anís e a manteiga e ímoslle engadindo a fariña co "royal" amasándo ate que sexa unha masa elástica. Deixamos repousar unha hora ben chea nun sitio tépedo e tapada cun pano. Ainda que a masa non leveda , convenlle repousar. Enriba do mesado collemos anacos pequenos, algo menos que unha mandarina, e estíramola ate que quede o máis fina posible. Nunha tixola poñemos abondante aceite de xirasol e cando esté ben quente botámos a masa, dándolle forma de orella con dous garfos . Deixar que doren polos dous lados dándolle a volta e retirar. Espolvorexamos con sucre abondante cando aínda