Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2014

Manteiga de vaca cocida (paso a paso)

Imaxe
Manteiga de vaca cocida ou clarificada. Esta receita é un básico para dispoñer da materia prima de calidade necesaria para outras receitas elaboradas. Cando falo de rosca (ou panetone) e orellas, dispoñer desta manteiga é imprescindible para lograr a textura e o sabor xenuino deses doces. Que fai falta para poder facer manteiga: nata recollida de leite enteiro de verdade. O leite cru é o ideal, pois a pasteurización altera as propiedades da graxa e as proteinas do leite, e non é tan doado retirar a nata. Ferves o leite, e ao ir enfriando, queda unha grosa capa de nata na superficie, que se pode recoller con espumadeira. Se non, nata de bote igual tamén serve, ainda que nunca probei. Intenta dispoñer de polo menos medio litro de nata, porque se non vaiche rendir moi pouca manteiga. Cunha batidora de varillas, ou a man, bate a nata como se fose para montar, pero sen azucre ningún. Se continúas batendo, pasarás de nata montada a manteiga. Cambia a cor (vira máis amarela) e