Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2013

Brownie de plátano, noces e sen fariña de trigo

Imaxe
Ás veces ter cousas a punto de se estragar no frigorífico ou na alacena obriga a buscarlle xeito para non tiralas. Ás veces é peor o remedio, porque se é un experimento, e non sae ben, acabas tirando con todo, pero outras veces experimentas e sae algo que anotas porque mesmo merece repetirse! E este foi un deses experimentos: había un plátano moi maduro, tiña unha taza de leite kefirada que había que gastar... e quería experimentar de novo coa fariña de coco para ver se lograba algo que fose un bo almorzo sen fariña de trigo, cunha textura agradable. Os experimentos previos coa fariña de coco (unhas madalenas e unhas galletas) non foran moi bos, está ben no gusto, pero a textura non convence. Para este brownie, de ingredientes usamos: 1 plátano ben maduro e grande (ou 2 pequenos) 1 taza de leite kefirada (kefir) 90 gramos de mateiga branda (semifundida ou pomada moi branda) 1/2 taza de cacao puro en pó 1/2 taza de sementes de liño moídas (axuda coa textura esponxosa)