Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2013

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns

Imaxe
Mercamos un pequeno invernadoiro para sementar as cousas delicadas. É pequeno e manexable pois o plástico deslízase entre os arcos de soporte polo que é doado de abrir e pechar sen que se enganche o plástico. Chirivías é o primeiro que botamos O invernadoiro trae un segundo plástico con furados para épocas de máis calor para unha ventilación axeitada. E como estaba unha tarde de primavera enxertamos unha pugas de fatóns nunha claudieira. Co coitelo féndese a pola a enxertar (tras facer un corte limpo)  Métese a puga (tras aplanala) na fenda feita    Qudando tal que así      Envólvese con cinta adhesiva   Dous enxertos, espermos que polo menos agarre un

Filete de pescada con champiñóns

Imaxe
Filete de pescada con guarnición de champiñóns Ingredientes: Filete de pescada Aceite de oliva virxe Pirixel Champiñóns (mellor frescos) Porro (ou cebola) Pemento morrón vermello Allo Sal Preparación: Collemos os filetes de pescada e poñemolos nun plato, pintámolos con un chorriño de aceite de oliva virxe. Salámolos ao gusto e espolvorexamos un pouco pirixel fresco picado finiño. Deixamolos repousar un anaco a temperatura ambiente mentras facemos os champiñóns. Nunha tixola grande (porque os champiñóns encollen, pero bultan moito ao inicio) poñemos un par de culleradas de aceite de oliva e botamos un dente de allo picado en láminas finas, pemento morrón vermello picado en dados pequenos e  un par de minutos despois tamén engadimos  o porro picado  (ou cebola picada moi fina). Deixámolos pochar un pouquiño máis (con lume suave) e engadímoslle os champiñóns limpos, secos e cortados en láminas. Subímoslle o lume e deixamos sen tapar a tixola. Deixamos que se vaian f