Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2006

Calendario do agricultor

os tomates van chejando, e había moitos, pero resulta que se lles mete un verme dentro que lle hai que ir quitando un a un. Se os sulfatamos agora despois non se poderán comer, xa é moi tarde. Cos pementos pasou o de todolos anos. Compras dunha clase e resultan ser de outra. No canto de ser dos de Arnoia saíron dos italianos (esos longos, verdes e estreitos) e dos do piquillo. Vai empezar agosto, e como é normal hai moita seca. Xa levantamos as cebolas porque dixeron qu iba caer un orballo (que non veu) e por si se mollaban igoal logo pudrían. Así que para a casa. O millo ta decaído, seco. Vale pouco.

Panzada de pexegos

o pexegueiro está cargadisimo deles. Séntome debaixo del á sombra, no banco de pedra, e pexego vai pexego ben.